mércores, 23 set 2009
Abel Caballero indicou este mércores que posiblemente a próxima semana terá lugar unha reunión en Madrid co Ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño, para planificar a incorporación do Xulgado do Mercantil na cidade. O alcalde agradeceu a "intervención decisiva" de Caamaño na consecución da dotación, que "prácticamente xa a temos" a falta da ratificación final.
martes, 22 set 2009
Este martes o alcalde Abel Caballero inaugurou de xeito oficial a humanización da rúa Coruña. A actuación renovou os pavimentos, as instalacións de alumeado, saneamento e abastecemento, mellora do arborado e o mobilirio urbano. O investimento das obras foi de 1,9 millóns de euros procedentes do orzamento municipal de 2009.
luns, 21 set 2009
O martes, 22 de setembro, dentro do marco da semana europea da mobilidade, Vigo sumarase un ano mais ao Día Mundial sen coche.O obxectivo destas iniciativas é informar, concienciar e dar participación á cidadá na tarefa de mellorar a calidade de vida das cidades, reducindo o número de coches en circulación e demostrando na práctica os beneficios que reporta o que os automobilistas deixen o coche en casa.
luns, 21 set 2009
Abel Caballero reuniuse hoxe con representantes de entidades de Bouzas para tratar sobre a primeira ruta marítima xacobea. A ruta será do 13 ó 21 de xullo de 2010 entre Aveiro, Matosinhos, Viana, Baiona, Bouzas, Combarro, Vilagarcía e a partir desta vila faríase por tren ata Santiago de Compostela.
mércores, 16 set 2009
O recinto feiral de Cotogrande acolle do 16 ó 19 de setembro a World Fishing Exhibition - Vigo'09. Por primeira vez participan como expositores en WFE empresas procedentes de Rusia, Malasia, India, Corea do Norte e do Sul, China, Lituania, Turquía o Tailandia e baixo pavillóns nacionais acuden empresas de Islandia, China, Dinamarca, Francia, Holanda, Islas Faroe, Italia, Noruega, Reino Unido, Senegal, Suecia e Taiwán.
martes, 15 set 2009
O alcalde Abel Caballero mantivo hoxe un encontro con Alfonso Álvarez Gándara, decano do Colexio de Avogados de Vigo. Na reunión revisaron as necesidades que ten a xustiza na cidade como a demanda dun novo xulgado de familia e outro do contencioso.<br />
O consumo doméstico reduciuse un 12,3% respecto ao ano 2000 aqualia captou máis de 36 millóns de m3 de auga Substituíronse 4,1 quilómetros de redes de abastecemento
martes, 15 set 2009
<b>aqualia</b>, empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo informa que, durante o ano 2008, se reduciu o consumo de auga da cidade en máis de 1.700.000 metros cúbicos, o suficiente para abastecer durante un ano a unha cidade de 25.000 habitantes (equivalente á poboación de Marín). Cada vigués consome unha media de 128,75 litros/día, un 12,3% menos que hai oito anos. As empresas tamén reduciron o consumo de auga, case un 17% pasando dos 914 aos 765 litros.
A industria atunera debate en ANFACO o futuro dos túnidos
luns, 14 set 2009
ANFACO reune á industria atunera mundial ao celebrar na súa sé a IV Conferencia Mundial do Atún "Vigo 2009", baixo o lema "Pola sostenibilidade do atún". O encontro terá lugar os días 14 e 15 de setembro do 2009, e está incluída na Programación de Actos da World Fishing Exhibition'09.
luns, 14 set 2009
A Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, visitou esta tarde as obras de rehabilitación do borde marítimo do monte de A Guía. O proxecto ten un orzamento de 1.492.425,04 euros e nun prazo de execución de dez meses.O alcalde de Vigo agradeceu á ministra Elena Espinosa o compromiso do goberno de España unha vez mais coa cidade de Vigo.
venres, 11 set 2009
O alcalde de Vigo mantivo esta mañá en encontro con representantes do grupo de inversores do Parque Empresarial Meixoeiro para informarlle que dentro dun mes estarán abertos novos centros.