O Pazo Quiñones de León acollerá o sábado 31 o pregón da procesión do Cristo
Abel Caballero recibiu neste xoves ao pregoeiro, Vicente Sierra, nunha reunión definida por ambos como "moi grata" e na que fixeron un repaso á historia da cidade. Este vigués de nacemento leerá o pregón da procesión o vindeiro sábado 31 de xullo ás 13:30 horas no Pazo Quiñones de León.
Tamén este xoves membros da Cofradía do Cristo da Victoria, o concelleiro de Seguridade, Tráfico e Seguridade, Xulio Calviño e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, realizaron o percorrido da procesión para revisar que todo estea a punto para o vindeiro 1 de agosto.
Tal e como avanzou o alcalde hai uns días tras reunirse con membros da cofraría este ano o percorrido recupera o tradicional tramo da rúa Príncipe. Deste xeito, o trazado que seguirán miles de vigueses será a rúa Real-Cánovas del Castillo-As Avenidas- Concepción Arenal- Colón- Príncipe- Porta do Sol e Concatedral.
Descargar todas as imaxes