luns, 19 xul 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do éxito de asistencia e participación nun festival que superou as expectativas e que congregou, segundo os datos dos técnicos a unhas 460.000 persoas. En total case que 500 autobuses chegaron desde diferentes puntos de Galicia e Portugal que se congregaron para ver o espectáculo.
luns, 19 xul 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o novo coro clásico de Vigo fará a súa presentación diante do público este mércores, ás 20:30 horas, nun concerto que terá lugar no Auditorio Municipal, con entrada libre ata completar o aforo. O nacionalista explicou que esta formación, que se denominará Concento de Vigo, nace para promover o coñecemento técnico e a práctica musical entre os seus membros, pero tamén para "promocionar a ciade a través da música coral".
luns, 19 xul 2010
Abel Caballero reuníuse na mañá deste luns coa Asociación de Hosteleiros cos que fixo unha revisión as demandas do sector. O Concello traballa xa en dúas alternativas para acadar máis aparcamentos no centro da cidade para autobuses de excursionistas e para dar ter fluidez nos transbordos destes pasaxeiros. Segundo lle explicaron os hostaleiros ao alcalde supoñen un mercado equiparable aos cruceristas que chegan ao porto vigués.
luns, 19 xul 2010
Abel Caballero recibiu esta mañá a nova xunta directiva da Federación de Veciños Eduardo Chao coa que fixo un repaso a distintas peticións que lle prantexaron, coma a firma dun novo convenio de colaboración co Concello ou a recuperación do local da rúa Ecuador para un centro da Federación.
luns, 19 xul 2010
Abel Caballero agradeceu a presencia de SAR a Infanta Dona Elena na cidade quen asegurou o sábado que a entrega da bandeira simboliza o máis alto recoñecemento ao traballo que realiza a Armada a diario. Caballero dixo no seu discurso que grazas á obra de vigueses insignes como Méndez Núñez "forxouse o caracter deste pobo"