Escoitar

A Praza do rei acolle ata mañá o único simulador de vóo acrobático de España

Abel Caballero, que subiu ao simulador acompañado da Patrulla Águila e dun grupo de reporteiros asegurou que a experiencia é "espectacular" e convidou a todos os vigueses a probalo. Estará durante todo o día de hoxe e mañá na praza do Concello e o domingo instalarase en Samil desde as 10 da mañá ata que acabe o Festival Aéreo.

venres, 16 xul 2010
1279285409simulador3.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subiuse esta mañá ao simulador de vóo da Patrulla Águila que está ubicado na Praza do Rei e que estará presente no Festival Aéreo Internacional de Vigo. Éste é o único emulador de vóo acrobático de España e estará aberto ao público nesta ubicación, de xeito gratuíto ata as 20:00 horas de hoxe venres e desde as 11:00 as 20:00 horas de mañá sábado, 17 de xullo. Xa o domingo trasladarase ata a praia de Samil onde permaneceráz aberto desde as 10:00 horas ata o remate do Festival.

O alcalde definiu a experiencia como "espectacular" e indicou que "fai sentir vértigo" polo que convidou a todos os vigueses a achegarse ata o Concello por ser unha "ocasión única".
Descargar todas as imaxes