Santi Domínguez destaca o acordo cos usuarios do Porto en que non sexa trampolín político e esixir o Plan de Usos
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este xoves o acordo existente entre o BNG e os usuarios do Porto respecto a dúas cuestións fundamentais como son a necesidade de que esta institución fundamental para a cidade conte co Plan de Usos e que non se utilice como "trampolín político". O nacionalista explicouno tras a xuntanza que mantivo con este colectivo, no que tamén houbo acordo en que a importancia económica do Porto é preciso conxugala coa preservación da ría.
Santi Domínguez dixo que a xuntanza tivo o obxectivo de "intercambiar opinións sobre temas que afectan ao Porto". Neste sentido, indicou que lles comunicou a "postura historicamente mantida polo BNG" sobre a importancia do Porto na cidade e na creación de postos de traballo, así como o desenvolvemento social e marítimo-pesqueiro da cidade. "Pero cremos que isto se pode conxugar coa preservación do noso maior tesouro, que é a ría, e aí estabamos dacordo", sinalou.
Respecto ao "acordo absoluto" sobre a necesidade de que o Porto conte co Plan de Usos, o nacionalista destacou que este documento debe racionalizar os espazos portuarios e planificar o desenvolvemento do Porto "non para mañá, senón para os dentro de 15 ou 20 anos", subliñou.
O tenente de alcalde indicou que tamén lles transmitiu o proxecto do BNG para a recuperación do Berbés. "Entenderon algunha cuestión que antes non entendían", comentou ao respecto. Sen embargo, indicou que neste punto non houbo acordo co colectivo, xa que os usuarios din que hai empresas que non consideraban axeitado o seu emprazamento en Bouzas. "Tratei de explicarlles que existe un proxecto de reubicación que contempla o seu traslado sen perder postos de traballo e sen prexuízo para as empresas", sinalou.
Descargar todas as imaxes