xoves, 15 xul 2010
O alcalde e o Vicealmirante Santiago Bolíbar Piñeiro presentaron o programa de actos que se desenvolverán en Vigo dende hoxe e ata o vindeiro domingo, 18 de xullo. A exposición da Armada, sobre un entorno marítimo seguro, a xura de bandeira de persoal civil ou a entrega da bandeira de combate á Fragata Méndez Núñez centran o programa. Vigo contará ademáis coa presencia naval do buque escola Juan Sebastián Elcano, o buque anfibio Galicia, o Childreu e a Fragata Méndez Núñez que poderán ser visitadas polo público.
xoves, 15 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentaron este xoves a imaxe do complexo de actividades musicais, que se denominará Vigosónica. A nova infraestrutura musical estase a construir nas inmediacións no parque tecnolóxico de Beade-Valadares e as obras van a "gran ritmo", polo que a súa apertura se realizará no primeiro trimestre de 2011, "mantendo os prazos previstos", afirmou Iolanda Veloso.
xoves, 15 xul 2010
O Museo de Castrelos desenvolverá do 19 ao 31 de xullo unha nova actividade dirixida a todos os públicos, baixo o título "Pequeno obradoiro de arqueoloxía. Convértete en arqueólogo por un día". Segundo explica o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, esta iniciativa realizarase de martes a venres de 11:30 a 12:30 horas, e para participar non é preciso reservar previamente.
xoves, 15 xul 2010
Abel Caballero inaugurou onte a humanización desta zona na que se actuou sobre unha superficie de 2.120 m2. O entorno da igrexa conta agora cun aspecto renovado con novos puntos de luz, novo mobiliario urbano e nova rede de saneamento.
xoves, 15 xul 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este xoves o acordo existente entre o BNG e os usuarios do Porto respecto a dúas cuestións fundamentais como son a necesidade de que esta institución fundamental para a cidade conte co Plan de Usos e que non se utilice como "trampolín político". O nacionalista explicouno tras a xuntanza que mantivo con este colectivo, no que tamén houbo acordo en que a importancia económica do Porto é preciso conxugala coa preservación da ría.
xoves, 15 xul 2010
Abel Caballero recibiu onte as representantes da nova xunta directiva da Asociación da Prensa de Vigo coas que departiu sobre a situación da prensa na actualidade. O alcalde ofreceulles un local no edificio municipal de Areal para que poidan empezar a traballar nesta nova andaina despóis de que a asociación fora renovada totalmente en marzo deste ano. A nova directiva está integrada agora por Abeta Chas Romay como presidenta, Tesa Díaz Faes como vicepresidenta, secretaria María Jesús Argibay e Tesoreira Ana Fuentes.<br />