A Armada rinde homenaxe en Vigo aos homes do mar no marco das actividades previstas dentro do FAV
O alcalde e o Vicealmirante Santiago Bolíbar Piñeiro presentaron o programa de actos que se desenvolverán en Vigo dende hoxe e ata o vindeiro domingo, 18 de xullo. A exposición da Armada, sobre un entorno marítimo seguro, a xura de bandeira de persoal civil ou a entrega da bandeira de combate á Fragata Méndez Núñez centran o programa. Vigo contará ademáis coa presencia naval do buque escola Juan Sebastián Elcano, o buque anfibio Galicia, o Childreu e a Fragata Méndez Núñez que poderán ser visitadas polo público.
O Concello de Vigo acolleu esta tarde a presentación dos actos programados pola Armada na cidade dentro dos actos de celebración do Festival Aéreo Internacional vigués. O alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, Vicelamirante Santiago Bolíbar Piñeiro, desgranaron a programación que chega a Vigo despóis dun traballo de meses e da vinculación histórica da cidade e do seu porto co mar.
O rexedor vigués destacou que Vigo aprecia a Armada e amosouse convencido de que a cidade participará e volcaráse cos actos previstos por esta insitución para os días 15, 16, 17 e 18 de xullo. Pola súa banda Santiago Bolíbar agradeceu as mostras de cariño de Vigo e asegurou que a cidade é un sitio representativo do que é o mar en Galicia e en España. "Os actos están perfectamente ubicados en Vigo", dixo. Tamén lembrou que un 20% dos homes e mulleres que pertencen a Armada naceron en Galicia.
A programación de actividades para estes días inclúe a exposición nomeada "A Armada. Unha contorna marítima segura" que está xa aberta no peirao de Trasatlánticos e que pretende chamar a atención da importancia dos mares e dos océanos- as vías de comunicación marítima moven na actualidade preto do 80% do comercio mundial-, as súas capacidades de actuación, como actor necesario para garantir a liberdade de navegación, os riscos e ameazas do entorno marítimo así coma unha aproximación ao concepto de seguridade marítima. A mostra estará aberta de abierta ao público en horario de 10.00 a 20.00 horas do día 15 ao 18 e de 10.00 a 13.00 o día 19.
O día 17 terá lugar a xura de bandeira de civís, recoñecido polo propio Vicealmirante coma un acto de homenaxe aos homes do mar, ben a través da pesca, da mariña mercante, a mariña deportiva, etc. Xa o día 18 a Infanta Dona Elena de Borbón amadrinará a entrega da bandeira de combate á fragata F104 Méndez Núñez. Ademáis os buques Juan Sebastián Elcano, o Childreu e o buque Galicia estarán tamén no porto vigués para poder ser visitados polo público.
Descargar todas as imaxes