Santi Domínguez presenta Vigosónica, nome e imaxe dos novos locais de ensaio, e confirma a súa apertura en 2011<br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentaron este xoves a imaxe do complexo de actividades musicais, que se denominará Vigosónica. A nova infraestrutura musical estase a construir nas inmediacións no parque tecnolóxico de Beade-Valadares e as obras van a "gran ritmo", polo que a súa apertura se realizará no primeiro trimestre de 2011, "mantendo os prazos previstos", afirmou Iolanda Veloso.
Santi Domínguez afirmou que o novo complexo será "un dos referentes culturais de Galiza" que estará a disposición dos grupos musicais da cidade, polo que a súa imaxe quere ser reflexo desta realizade. "Queremos que a imaxe sexa coñecida dunha ollada", sinalou. Respecto ás cores utilizadas explicou que son o azul, o verde e o laranxa. "Pensamos que estas tres cores reflicten actualmente os valores da mocidade", indicou.
O nacionalista explicou a simboloxía asociada a cada unha das cores. Indicou que o azul fai referencia ao mar, pero ao mesmo tempo é "o símbolo da tecnoloxía e a modernidade", engadiu. O verde "ten que ver coa natureza, especialmente tendo en conta no lugar no que se está construíndo", comentou, así como coa xuventude e a ledicia. Finalmente, sobre o laranxa dixo que é unha cor "que dá enerxía, estímulo e entusiasmo".
No tocante á tipografía empregada, o tenente de alcalde sinalou que se buscou unha "distinta e rompedora", pero mantendo a harmonía e que resultara atraínte. Deste xeito, decidiuse utilizar dous tipos de letra, unha máis rompedora e outra máis uniforme. "A partir de hoxe empezaremos a difundir con diferentes actividades e propostas para que cando o inauguremos xa sexa coñecido", indicou.
A concelleira de Xuventude, indicou ao respecto que dotar a este proxecto de imaxe ten o obxectivo de que o complexo "empece xa a formar parte da vida da xente". Explicou o punto no que se atopa a construción do complexo, cuxo proxecto foi elaborado polos arquitectos municipais, e os vindeiros traballos programados. "Estaba previsto que estivera rematado no primeiro trimestre do 2011, e co ritmo das obras mantéñense os prazos", asegurou. Neste sentido indicou que na actualidade xa ten a estrutura rematada, "incluso a cuberta", apuntou.
Iolanda Veloso destacou que se están facendo as divisións internas no primeiro nivel, e que no prazo dunha ou dúas semanas se iniciará o revestimento acústico, "que é a que máis tempo e traballo leva, porque son obras delicadas". Ademais do traballo que se está a facer na construción do complexo, subliñou o esforzo adicado para que as oito salas de ensaio "podan ser utilizadas polos grupos musicais mediante un illamento total".
Para garantir a boa marcha das obras, a concelleira do BNG salientou que unha aparelladora fai un control e seguimento continuado, así como unha empresa experta en son. Os traballos que se están levando a cabo inclúen a humanización do contorno.
Descargar todas as imaxes