Benestar Social cofinancia un proxecto para o desenvolvemento da provincia mozambicana de Maputo
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, participou hoxe en Santiago na presentación do proxecto que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsará en colaboración coa ONU para o desenvolvemento da provincia mozambicana de Maputo cun investimento de 62.342 euros. O Concello de Vigo cofinancia con 15.000 euros o proxecto que se levará a cabo en parcería co PNUD a través da iniciativa ART de artellamento de redes territoriais.
O presidente do Fondo Galego de Cooperación, Alfredo Novoa, explicou que a entidade incorpórase na segunda fase dun programa trianual. "O PNUD ten experiencia, estrutura, capacidade e solvencia e permítenos levar a cabo un proxecto con garantías que terá continuidade", apuntou Alfredo Novoa. Pola súa banda, Antonio Zurita, responsable estatal da iniciativa ART da ONU, que promove a relación coa cooperación descentralizada, lembrou que Mozambique "é un dos países con menor índice de desenvolvemento humano no mundo", coñecido polas guerras e os desastres naturais, que agora vive nunha certa estabilidade que está a favorecer o seu crecemento. Zurita apuntou a necesidade de consolidar non só os servizos sociais e as políticas de inclusión, senón que tamén "é importantísimo que exista emprego, porque se non a poboación abandona o territorio".
No marco do concepto de desenvolvemento humano integral, "o programa ART-PAPDEL incide na creación de postos de traballo a través do fortalecemento da Axencia de Desenvolvemento Económico Local da provincia de Maputo, mediante accións de formación ocupacional, viveiros de empresas, microcréditos, etc. para promover o emprego, nomeadamente da muller, que en Mozambique é o piar fundamental da familia".
A misión do programa no que participa o Fondo Galego é contribuír á redución da pobreza e á consecución dos Obxectivos do Milenio en Mozambique, promovendo a estratexia de Desenvolvemento Económico Local (DEL) a través do apoio aos axentes da provincia de Maputo para dinamizar a economía e crear emprego na zona, sobre todo feminino. Para acadar estas metas, o Fondo Galego de Cooperación impulsará actividades como a capacitación para identificar as oportunidades de negocio, o apoio a iniciativas empresariais ou a formación e a asistencia técnica aos emprendedores locais en materia de xestión e produción. Estableceranse asemade incubadoras de empresas, tecnocentros, maquicentros e centros de promoción empresarial. Tamén se financiarán proxectos concretos que beneficien ás capas vulnerables da sociedade, como os anciáns ou as persoas con discapacidade física, e que garantan o empoderamento das mulleres. Ao mesmo tempo, transferirase e difundirase o coñecemento sobre DEL con misións internacionais e eventos nacionais.
Descargar todas as imaxes