Escoitar

A procesión do Cristo da Victoria recupera parte do percorrido tradicional pola rúa Príncipe

O alcalde reuníuse neste martes con membros da Cofradía do Cristo cos que fixo unha revisión aos pormenores da organización. Abel Caballero avanzou que xa está todo preparado para a procesión do 1 de agosto e que como novedade este ano está prevista a instalación dunha pantalla diante da Concatedral para seguir o acto relixioso

martes, 13 xul 2010
1279027091cristovictoria2.jpg
O alcalde de Vigo reuníuse esta mañá con representantes da Cofradía do Cristo da Victoria para facer unha revisión á procesión do Cristo que percorrerá o centro de Vigo o vindeiro 1 de agosto.

Abel Caballero explicou que xa está "todo preparado" e avanzou que este ano o percorrido recupera o tradicional tramo da rúa Príncipe. Deste xeito, o trazado que seguirán miles de vigueses será a rúa Real-Cánovas del Castillo-As Avenidas- Concepción Arenal- Colón- Príncipe- Porta do Sol e Concatedral.

Según asegurou Caballero o vindeiro xoves o concelleiro de Tráfico e Seguridade, Xulio Calviño, realizará unha visita por estas rúas con responsables da procesión para asegurarse de que "todo está en orde". Neste sentido o alcalde explicou que os técnicos municipais xa avisaron do peligro que supón o "estado ruinoso" dunha vivenda situada na rúa Real, polo que será derribada antes do 1 de agosto.

Se ben en principio o propietario pediu realizar él mesmo a demolición o Concello procederá a derrubar o inmoble "para dar seguridade absoluta á procesión," se o propietario non leva a cabo as obras de demolición no día de hoxe, fecha na que remata o prazo que lle deu o Concello.
Descargar todas as imaxes