Escoitar

O alcalde destaca que a presion fiscal baixou en Vigo un 0,2% este ano

Segundo explicou o rexedor no resto dos concellos de España a presión fiscal creceu entre un 0,6 y un 0,8%, un feito que o alcalde vencellou co endebedamento público da cidade e que deixa coma resultado que Vigo é neste momento a cidade de réxime común menos endebedada de España e a única que baixa os impostos.

luns, 12 xul 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe que a presións fical baixou este ano en Vigo un 0,2% fronte á media das cidades españolas, que experimentaron neste capítulo un incremento de entre o 0,6% e un 0,8%. O resultado da rebaixa da presión fiscal non é o único capítulo destacado hoxe xa que Abel Caballero destacou ademáis que tamén baixou o endebedamento público da cidade.

"A nosa xestión é capaz de poder decir que estamos nun momento de inversión espectacular e facémolo reducindo impostos e ao mesmo tempo o endebedamento". Esta situación, segundo apuntou o rexedor socialista, leva a Vigo a posicionarse como a cidade de réxime común menos endebedada de España.

Abel Caballero citou como exemplo o impsoto sobre construccións e instalacións de obras no que o aumento medio na comunidade galega foi do 0,7%, por debaixo da media de España, cun descenso do 0,4%. "En Vigo diminuiu un 0,2%", explicou o alcalde, quen tamén lembrou que esta reducción aplícase ademaís de no imposto nomeado no IBI, no IBI de características especiais e no IAE.