Escoitar

O rexedor recibiu en Madrid o premio Ciudadanos polo programa municipal de Inmersión Lingüística

O alcalde recibiu de mans do Ministro de Educación, Angel Gabilondo, o premio polo proxecto Aulas Internacionais levado a cabo pola concellería de Educación. O programa da concellería que dirixe a socialista Laura López Atrio becou a 250 alunos vigueses para estudiar inglés en Irlanda e Reino Unido. O Concello iniciou o programa no 2008 con 100 becas ata chegar ás 250 actuais coa intención de mellorar o inglés dos estudantes de Vigo.<br />

luns, 12 xul 2010
1278951749premio2.JPG
Abel Caballero recibiu o venres, 9 de xullo, o premio Ciudadanos 2010 polo proxecto Aulas Internacionais levado a cabo pola concellería de Educación que dirixe a socialista Laura López Atrio. Esta concellería becou a 250 alunos e alunas viguesas para estudiar inglés durante tres semanas no Reino Unido e en Irlanda.

O Concello vigués iniciou este programa no 2008 con 100 becas ata chegar as 250 actuais coa intención de mellorar a capacitación do alunado vigués en lingua inglesa. A Asociación Premios Ciudadanos e o Foro de Debate Ciudadano, son entidades sin ánimo de lucro que convocan este ano a VIII Edición dos premios Ciudadanos e que recoñecen os valores humanos, o compormiso cos cidadaáns en proxectos ou traxectorias ou o compromiso cos discapacitados ou en situación de dependencia, entre otros valores.
Descargar todas as imaxes