O Concello de Vigo da a benvida aos nenos e nenas saharauis participantes no programa "Vacacións en paz"
O alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, deron hoxe a benvida aos preto de 50 nenos e nenas saharauis que participan no programa de acollemento temporal "Vacacións en paz". Mediante esta recepción, o Concello de Vigo quixo amosar a súa solidariedade co pobo saharaui e o seu agradecemento ás familias de acollemento, coas que os menores pasarán os meses de xullo e agosto.
O alcalde expresou o seu desexo de que os rapaces e rapazas participantes gocen da súa estadía na cidade. Na súa intervención lembrou que chegan nun momento de especial ledicia, en referencia á vitoria da selección española no Mundial de Fútbol.
"Vacacións en paz" é un programa dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos procedentes dos campos de refuxiados saharauis, xestionado pola Asociación de Solidariedade co Pobo Saharaui, co que a Concellería de Benestar Social ten asinado un convenio de 23.000 euros mediante o que financia a viaxe de 35 nenos e nenas.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, tras darlle a benvida aos "nenos e nenas do deserto", destacou que o apoio ao programa é unha "cuestión de solidariedade e non un esforzo". Subliñou que polo desenvolvemento destas iniciativas "é polo que teñen que apostar as administracións". Asemade, expresou o seu agradecemento ás familias de acollemento, "porque sen elas o programa non sería posible", destacou.
O delegado para Galicia do pobo saharaui, Ahmedu Mojtar, agradeceu tanto ao Concello de Vigo como ás familias de acollida o seu agradecemento por manter o seu compromiso en tempos de crise, que segundo apuntou "repercute na axuda humanitaria". Indicou que en toda Galiza son arredor de 500 "os fillos e fillas do Sáhara" os que participan no programa e expresou o seu desexo de que as familias gocen coa estadía dos rapaces "porque para eles é unha experiencia inesquecible".
Comentou que onte o campamento de Tinduf rexistrou 49ª, polo que salientou que o programa de acollemento temporal serve "para alonxar aos rapaces destas condicións", así como para realizar chequeos médicos.
Descargar todas as imaxes