Mañá póñense á venda as entradas para o espectáculo<br /> que Castrelos Circus ofrecerá o 9 de agosto
As localidades para o espectáculo "Castrelos Circus", incluido no programa das Festas de Verán 2010 de Vigo, poranse a venda mañá 13 de xullo. As localidades terán un prezo de 8 euros en venda anticipada e de 10 euros no despacho de billetes no propio auditorio de Castrelos e poranse a venda un total de 1.500 localidades (con cadeira).
Os interesados poderán adquirilas no servizo de venda de entradas de Caixanova (www.servinova.com), na Central de Espectáculos (Rúa Velázquez Moreno) e xa o día da actuación, no propio auditorio de Castrelos. Esta actuación única terá lugar o día 9 de agosto a partir das 22.30 horas. "Castrelos Circus" é unha homenaxe ao circo orixinal, que era netamente ecuestre, cun espectáculo cheo de luz, cor e dinamismo e no que contarán cos mellores artistas do momento, chegados dende EEUU, China, Alemaña, Ucraína e Bulgaria.
Castrelos Circus é un show sen animais, ao máis puro estilo da compañía La Fiesta Escénica, alegre, máxico, pensado para toda a familia, e creado para ser representado no auditorio vigués.
Castrelos Circus é un show sen animais, ao máis puro estilo da compañía La Fiesta Escénica, alegre, máxico, pensado para toda a familia, e creado para ser representado no auditorio vigués.