A rúa Paulino Freire recupera 23 prazas de aparcamento coa humanización
Abel Caballero inaugurou hoxe martes a recén renovada rúa de Bouzas na que se investiron preto de 400.000 euros, nun acto no que estiveron presentes familiares de Paulino Freire. O alcalde salientou que cos traballos que se levan a cabo en Bouzas sáldase unha parte do que a cidade lle debe a Bouzas desde hai un século. Tamén lembrou que o domingo será o día grande das súas festas nunha xornada festiva que se pechará co espectáculo piromusical.