A estadounidense Norah Jones abrirá o mércores en Castrelos o programa das Festas de Verán 2010
A cantante estadounidense Norah Jones será a responsable de inaugurar o mércores 14 de xullo (22:30 horas) o programa de concertos das Festas de Verán no remodelado auditorio de Castrelos. Hoxe tivo lugar o acto de presentación do concerto de Norah Jones, no que participaron o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, e o responsable da promotora Sweet Nocturna, David Lago "Tibe".
O concelleiro destacou que a apertura do programa de concertos en Castrelos non podía atopar mellor protagonista, xa que "esta cantante estadounidense ten no seu poder oito premios Grammys, vendeu 20 millóns de copias dos eu primeiro traballo "Come away with me" e agora ven presentar o cuarto álbum". López recordou que neste traballo cambiou un pouco o seu estilo: "Deixou o jazz, para facer unha música un toque máis country e rock e nas súas letras fala de amor e de relacións humanas, coa súa voz cálida, suave, e acompañada polo son dunha guitarra e do piano".
Como teloneira actuará Sasha Dobson, unha das artistas que forma parte da súa banda, e que colabora con Norah Jones dende hai varios anos. Nesta xira interpretará cancións do seu último traballo "Burn", unha mesturanza única de blues, country e rock.
O responsable da productora, "Tibe" explicou que Norah Jones non pediu nada especial e precisamente a única solicitude foi que se lle cambiase a súa habitación "que era unha suite, e pediu unha igual a do resto da banda".
Son 23 persoas as que chegan en camión sleeper na xira de Norah Jones, directamente dende Lisboa, e almorzarán, comerán e cearán en Castrelos" e pediron un hotel soamente para descansar "de 6 de mañá a 3 da tarde".
A cantante, pianista, compositora e incluso actriz de cine, Norah Jones, ten tres paradas en España na súa xira. Onte 11 de xullo actuou en Bilbao, o mércores estará en Vigo e o próximo día 16 no Festival de Peralada.
A voz cálida e íntima de Norah Jones, a súa sinxeleza e o seu enorme talento namoraron xa a medio mundo co seu primeiro disco "Come Away With me", publicado no 2002 e co que vendeu máis de 20 millóns de copias. Dende entón converteuse nunha das artistas máis influíntes e con máis vendas da década, Ata a actualidade leva máis de 39 millóns de copias vendidas en todo o mundo. En Vigo presenta o cuarto traballo, "The Fall", que saíu á venda no ano 2009, colocándose directamente no número 1 de vendas mundiais.
Hoxe pola mañá puxéronse a venda as últimas localidades (200 localidades) e esgotáronse en moi poucas horas. As doce do mediodía xa se rematara o papel.
Descargar todas as imaxes