venres, 16 xul 2010
A cantante, compositora, poeta e activista política Patti Smith ofrecerá o domingo 18 de xullo (23:00 horas) en Castrelos un concerto á carta, no que "o repertorio non está decidido con anterioridade, senón que depende do ánimo do público e das peticións que reciba". Así o explicou o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, durante a rolda de prensa de presentación do concerto. No concerto, por suposto, non faltarán as cancións de sempre ("Because the night" ou "Gloria"), acompañados de temas novos.
venres, 16 xul 2010
Por terra, por mar e por aire. Arrancan os primeiros adestramentos dos pilotos e as actividades programadas dentro do marco do Festival Aéreo Internacional de Vigo que atraerán a Vigo a miles de curiosos durante esta fin de semana. Mañá sábado o alcalde acudirá ao "briefing" de pilotos que terá lugar no hotel Cidade de Vigo, onde se lles ofrecerá unha homenaxe polo seu XXV Aniversario. Xa o domingo o tráfico estará restrinxido na Avenida de Europa e o Concello activará o servizo de lanzadeiras de Vitrasa desde As Travesas ata Samil cada dous minutos.
venres, 16 xul 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, visitou hoxe a montaxe da exposición de escultura "Natureza con arte" que se inaugurará o día 22 nos xardíns históricos de Castrelos con obras de 27 artistas galegos e portugueses. "É posiblemente a exposición de escultura máis importante que se está realizando nestes momentos en Galiza", afirmou. A exposición permanecerá aberta ata o 31 de outubro no horario habitual de visita aos xardíns.
venres, 16 xul 2010
O programa "Domingos de Museo" celebrará o vindeiro 18 de xullo, de 11.30 a 12.30 horas, unha nova actividade no Museo de Castrelos, destinada especialmente a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Trátase do obradoiro "O ladrón de cores", que segundo indica o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, permitirá descubrir os diferentes xeitos que teñen os pintores de utilizar as cores.
venres, 16 xul 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe á loitadora viguesa Nerea Vila que do 3 ao 8 de agosto competirá en Saraxevo no Campionato europeo cadete de loita grecorromana e libre. Nerea Vila conseguiu o pase ao que será o seu primeiro torneo internacional nunha fase previa que se disputou o mes pasado en Alemania, converténdose na primeira loitadora galega que vai participar nun europeo cadete.
venres, 16 xul 2010
Ponse en coñecemento do público as seguintes restriccións de tráfico: