Eudosio Álvarez presenta a exposición "Natureza con arte" que reunirá nos xardíns de Castrelos obras de 27 artistas
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, visitou hoxe a montaxe da exposición de escultura "Natureza con arte" que se inaugurará o día 22 nos xardíns históricos de Castrelos con obras de 27 artistas galegos e portugueses. "É posiblemente a exposición de escultura máis importante que se está realizando nestes momentos en Galiza", afirmou. A exposición permanecerá aberta ata o 31 de outubro no horario habitual de visita aos xardíns.
A exposición está integrada polas obras dos cinco escultores pertenecentes ao proxecto de Cidade de Soños "Artistas na rúa 3 +2", que deixaron recentemente como testemuña do seu traballo obras que pasaron a ser parte do patrimonio dos xardíns históricos do Pazo de Castrelos. Xunto a elas haberá pezas doutros 22 artistas, convertindo aos xardíns de Castrelos "nunha paisaxe única, inusual e dobremente bela ao compartir por primeira vez espazo natural e espazo escultórico", segundo explicou o concelleiro de Patrimonio Histórico.
Eudosio Álvarez indicou que son artistas galegos e portugueses, con propostas artísticas moi diversas, que tiveron como premisa fundamental o respeto e coidado do contorno. Son diferentes artistas con propostas diferentes, que van desde a obra conceptual, á instalación con intervención paisaxísticas ou a nova figuración.
Os artistas convidados para este proxecto son, ademáis de Alvaro de la Vega, Elena Gómez Dahlgren, Manuel Ferreiro, Rute Rosas e Paulo Neves, os que forman parte da obra temporal, Elena Colmeiro, Emilia Guimeráns, Acisclo Novo, Francisco Remiseiro, Víctor Lorenzo, Isaque Piñeiro, Jesús Valmaseda, Miguel Vázquez, Pilar Alonso, Fernando Cano, Soledad Penalta, Tono Galán, Lito Portela, Francisco Pazos, Camilo Seira, Silverio Rivas, Christian Villamide, Manolo Paz, José Paz, Manuel Patinha.e Acisclo Manzano.
O concelleiro salientou que esta exposición é un paso máis na aposta de atraer á cidadanía aos xardíns históricos de Castrelos a través de intervencións de carácter cultural. Así, lembrou tamén o ciclo de concertos de música clásica que se celebran os vernes pola noite e que están sendo un éxito de público.
A exposición "Natureza con arte" pecha o proxecto Cidade de Soños, que se iniciou coa elababoración dun mural colectivo no que participaron 2.000 persoas e continuou coa iniciativa "Artistas na rúa. 3+2"
Descargar todas as imaxes