O alcalde recibe a nova xunta directiva da Asociación de Prensa
Abel Caballero recibiu onte as representantes da nova xunta directiva da Asociación da Prensa de Vigo coas que departiu sobre a situación da prensa na actualidade. O alcalde ofreceulles un local no edificio municipal de Areal para que poidan empezar a traballar nesta nova andaina despóis de que a asociación fora renovada totalmente en marzo deste ano. A nova directiva está integrada agora por Abeta Chas Romay como presidenta, Tesa Díaz Faes como vicepresidenta, secretaria María Jesús Argibay e Tesoreira Ana Fuentes.<br />