luns, 12 xul 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu hoxe conta das decisións adoptadas na Xunta de Goberno Local polas que dous proxectos empresariais contemplados como Proxectos de Interese Municipal (PEIM) serán obxecto de bonificacións fiscais en impostos municipais. Caballero insistiu en que a xeración de emprego segue a ser o eixo central das actuacións deste goberno municipal e explicou que os proxectos son AULATEL, Formación e Consltoría S.L. E Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria.
luns, 12 xul 2010
A cantante estadounidense Norah Jones será a responsable de inaugurar o mércores 14 de xullo (22:30 horas) o programa de concertos das Festas de Verán no remodelado auditorio de Castrelos. Hoxe tivo lugar o acto de presentación do concerto de Norah Jones, no que participaron o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, e o responsable da promotora Sweet Nocturna, David Lago "Tibe".
luns, 12 xul 2010
Segundo explicou o rexedor no resto dos concellos de España a presión fiscal creceu entre un 0,6 y un 0,8%, un feito que o alcalde vencellou co endebedamento público da cidade e que deixa coma resultado que Vigo é neste momento a cidade de réxime común menos endebedada de España e a única que baixa os impostos.
luns, 12 xul 2010
As localidades para o espectáculo "Castrelos Circus", incluido no programa das Festas de Verán 2010 de Vigo, poranse a venda mañá 13 de xullo. As localidades terán un prezo de 8 euros en venda anticipada e de 10 euros no despacho de billetes no propio auditorio de Castrelos e poranse a venda un total de 1.500 localidades (con cadeira).
luns, 12 xul 2010
O alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, deron hoxe a benvida aos preto de 50 nenos e nenas saharauis que participan no programa de acollemento temporal "Vacacións en paz". Mediante esta recepción, o Concello de Vigo quixo amosar a súa solidariedade co pobo saharaui e o seu agradecemento ás familias de acollemento, coas que os menores pasarán os meses de xullo e agosto.
luns, 12 xul 2010
O curso celébrase en Vigo dende este luns e ata o venres coa colaboración da Universidade de Vigo e Caixanova. O alcalde de Vigo salientou que nesta cidade se aprecia as empresas que queiran facer mecenazgo e cultura e que conleven unha cidade máis habitable. Preto duns 40 especialistas farán unha revisión estratéxica das liñas futuras de desenvolvemento dunha nova forma de xestión.
luns, 12 xul 2010
A cidade de Vigo viviu onte unha xornada festiva despóis de que a selección española conquistara a Copa do Mundo. A pantalla xigante instalada polo Concello no Auditorio de Castrelos espertou o interese da cidadanía ata tal punto que onte superáronse todas as expectativas. Milleiros de persoas concentráronse neste punto para seguir minuto a minuto a final do Mundial Sudáfrica 2010. O alcalde asegurou este luns que ésta é unha forma de facer cidade e que a proposta "enlazou co interés dos vigueses" que se decantaron por Castrelos para ver o que xa forma parte da historia do deporte español.
luns, 12 xul 2010
O alcalde recibiu de mans do Ministro de Educación, Angel Gabilondo, o premio polo proxecto Aulas Internacionais levado a cabo pola concellería de Educación. O programa da concellería que dirixe a socialista Laura López Atrio becou a 250 alunos vigueses para estudiar inglés en Irlanda e Reino Unido. O Concello iniciou o programa no 2008 con 100 becas ata chegar ás 250 actuais coa intención de mellorar o inglés dos estudantes de Vigo.<br />