xoves, 5 marzo 2026

Caballero reclama á Xunta que non peche centros de saúde e consultas pola apertura do CIS Olimpia Valencia

xoves, 5 mar 2026

Abel Caballero asegurou este xoves estar “encantado” coa apertura do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia, construído no solar cedido polo Concello de Vigo en Coia, á vez que reclamou á Xunta que manteña abertos os dous centros de saúde que pecharán, así como continuar coa atención pediátrica nos catro ambulatorios afectados polos cambios. “Saudamos que se abra o centro, pero que potencien o resto e non peche ningún”, demandou.

Caballero louva ao estudantado pola seu desempeño na X Feira de Ensinanzas Artísticas, Profesionais e Universitarias

xoves, 5 mar 2026

O alcalde participou na inauguración da Feira de Ensinanzas Artísticas que se celebra no Verbum, un encontro educativo que prevé reunir arredor de 2.300 estudantes de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato ao longo do xoves e o venres. A feira, que conta con 25 stands de universidades, centros formativos e institucións, destaca por romper os compartimentos estancos da formación ao reunir nun mesmo espazo estudos tradicionais —como medicina, dereito ou enxeñaría biomédica— con opcións profesionais ligadas á industria do ocio, a creatividade e o benestar, desde a animación 3D e o desenvolvemento de videoxogos ata a coctelería, a osteopatía ou a formación de pilotos de liñas aéreas.

O rexedor dá a benvida ao novo presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra

xoves, 5 mar 2026

O alcalde de Vigo mantivo un encontro con Jacinto José Pérez Benítez, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, quen tomou posesión do cargo o pasado mes de setembro. Membro da carreira xudicial desde 1995 e especialista en dereito mercantil, forma parte desde 2009 da sección primeira —civil e mercantil— da Audiencia Provincial de Pontevedra e conta cunha ampla traxectoria na xudicatura.