Vigo abre unha nova convocatoria de espectáculos para setembro e outubro

martes, 25 ago 2026

O Concello de Vigo abriu unha convocatoria pública para seleccionar novas actuacións artísticas e musicais que se celebrarán durante os meses de setembro e outubro na Porta do Sol e noutras localizacións da cidade. O obxectivo é conformar unha nova programación de eventos, cun escenario que acollerá durante varios días os espectáculos seleccionados.

Caballero participa na celebración de San Bartolomeu

luns, 24 ago 2026

O alcalde asistiu este luns á tradicional festa de San Bartolomeu, unha das celebracións máis singulares da cidade. O rexedor achegouse ata a capela do Monte Alba, onde ao longo da xornada se suceden as misas e numerosos asistentes cumpren coa tradición de pedir ao santo que lles “espante os medos” mediante os característicos golpes coa figura na cabeza. A celebración complétase coas tradicionais poxas nos arredores da capela e coa música tradicional, mantendo viva unha das costumes máis arraigadas do calendario festivo vigués.

O Concello destina 510.000 euros a apoiar 86 festas de Vigo

luns, 24 ago 2026

As axudas municipais respaldan durante todo o ano festas patronais e tradicionais, citas gastronómicas, culturais e musicais e actividades organizadas polo tecido asociativo. O alcalde reivindicou as festas como parte da cultura da cidade e asegurou que desde o goberno municipal “estamos apoiándoas como nunca se fixo na historia”.

Máis de 600.000 persoas fixeron de Castrelos 2026 o verán con máis actividade da súa historia

mércores, 19 ago 2026

O Auditorio de Castrelos pechou este domingo unha programación de verán histórica, con 19 xornadas de apertura e máis de 600.000 asistentes entre grandes concertos, espectáculos líricos e infantís e as retransmisións dos partidos da selección española no Mundial. A programación rematou cunha fin de semana inédita de tres días consecutivos de música durante a ponte de San Roque. Abel Caballero destacou o éxito dun modelo baseado na calidade da programación e no acceso gratuíto ou a prezos reducidos, e avanzou que o Concello xa traballa no Vigo en Festas de 2027.

Vigo celebra a Romaría de San Roque

venres, 14 ago 2026

O alcalde convidou á cidadanía a gozar e compartir estes días coa familia e amizades no barrio vigués, tamén o luns 17 de agosto que é a festividade local. A ocupación hoteleira para a fin de semana chega ata o 95% na noite do venres.

The Corrs chega esta noite a Castrelos cun concerto histórico

martes, 11 ago 2026

A banda irlandesa The Corrs actuará esta noite, ás 22:00 horas, no Auditorio de Castrelos nun dos grandes concertos da programación de verán de Vigo. Abel Caballero destacou a traxectoria internacional do grupo e puxo en valor o modelo municipal que permite gozar gratuitamente en Castrelos de actuacións que noutras cidades alcanzan prezos superiores aos cen euros.