venres, 24 mar 2023
Complétase o corredor mecánico desde o cruce de María Berdiales ata Praza de España coa posta en marcha das ramplas entre Venezuela e Nicaragua. O alcalde di que esta forma de mobilidade “é un exemplo que están a ter en conta outros alcaldes e alcaldesas de España”. O Concello investiu cerca de 10 millóns de euros na humanización e mecanización da Gran Vía.
luns, 24 out 2022
"A Axenda Urbana é unha nova forma de entender as cidades, máis sostibles medioambiental, económica e socialmente", así o dixo o presidente da FEMP no II Foro Local da Axenda Urbana que hoxe copresidiu coa ministra de Transportes, Raquel Sánchez. O acto desenvolveuse esta mañá no Auditorio Mar de Vigo.
mércores, 21 set 2022
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, achegouse hoxe ao auditorio Mar de Vigo onde se celebra a xornada "A importancia do Deporte para a redución da desigualdade no marco da Axenda 2030" que organiza a Deputación de Pontevedra xunto a Federación de Municipios e Provincias. Acompañado do presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Franco, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o rexedor sinalou que "vertebramos o país dende a política local e co deporte como elemento catalizador, como guía de actuación e como instrumento para afianzar a igualdade".
mércores, 21 set 2022
O alcalde informou das accións que desenvolverá o goberno municipal no marco da Semana Europea da Mobilidade: mañá xoves, 22 de setembro, serán gratuítas as lanzadeiras ao campus universitario e o autobús turístico.
luns, 5 set 2022
Abel Caballero e Manuel Reigosa rubricaron o acordo entre ámbalas institucións que permitirá estudar os modelos de gobernanza multinivel e que culminará na creación dunha cátedra na Uvigo para transferir o coñecemento do proxecto.
xoves, 18 nov 2021
O alcalde deu conta este xoves da adxudicación provisional dunha axuda de 250.000 euros para elaborar proxectos piloto para a Axenda Urbana e agradeceu ao Goberno de España que, con esta decisión, sitúe a Vigo como “cidade adiantada” nestes proxectos.