luns, 11 mai 2026
As luces das Fontes de Aragón ilumínanse de cor morada na noite deste luns. O Concello súmase á conmemoración do Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica, que se celebra o 12 de maio, unha xornada para visibilizar estas enfermidades crónicas, dolorosas e a miúdo invisibles, e coa que se busca concienciar, reducir o estigma e apoiar aos pacientes que afrontar dor xeralizada e fatiga.
venres, 8 mai 2026
Este domingo, 10 de maio, celébrase o Día Mundial do Lupus e o Concello participa na xornada iluminando de cor morada as fontes da rúa Aragón. Un xesto simbólico, co que se quere visibilizar esta enfermidade autoinmune crónica que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.
martes, 5 mai 2026
O Concello súmase este martes, 5 de maio, á conmemoración do Día Mundial da Hipertensión Pulmonar, unha enfermidade crónica, grave e pouco frecuente que afecta aos vasos sanguíneos dos pulmóns, nunha xornada que busca visibilizar os síntomas e mellorar o diagnóstico temperán e o acceso a tratamentos. Tamén se conmemora este 5 de maio o Día Mundial da Enfermidade de Huntington para facer visible esta doenza neurodexenerativa hereditaria, a miúdo invisible, e apoiar as familias afectadas
venres, 17 abr 2026
As fontes de Aragón ilumínanse de vermello este venres, 17 de abril, para celebrar o Día Mundial da Hemofilia, que neste 2026 pon o foco na importancia de mellorar o diagnóstico. A hemofilia é un transtorno da coagulación do sangue que no caso da hemofilia A, afecta a 1 de cada 5.000 homes e, no caso da hemofilia B, afecta a 1 de cada 30.000 homes.
xoves, 27 mar 2025
O Halo, as fontes de Aragón e a fachada da antiga estación de tren de Urzáiz súmanse á conmemoración da festa histórica da cidade tinguíndose de vermello. O Halo ilumínase de vermello e branco este venres entre as 20:00 e ata as 23:00 horas os primeiros quince minutos de cada hora, é dicir, de 20 a 20:15h, de 21 a 21:15h, de 22 a 22:15h e de 23 a 23:15 horas. As fontes de Aragón e a fachada da antiga estación de tren de Urzáiz ilumínanse de vermello este venres, sábado e domingo desde as 20:00 horas e durante toda a noite.
martes, 16 mai 2023
O Concello de Vigo súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra cada 16 de maio, e que ten como fin dar visibilidade e apoio ás persoas celíacas. Así, as fontes da rúa Aragón tinguiranse de azul este martes pola noite.
venres, 5 mai 2023
Este venres, 5 de maio, o Concello iluminará de azul e púrpura as fontes de Aragón e a pérgola da Praza de América sumándose á campaña #LightItUp4HD de ámbito mundial para concienciar sobre a Enfermidade de Huntington, que afecta a máis de 4.000 persoas en España. A noite do 6 de maio, as luces das Fontes de Aragón iluminaranse de amarelo para sensibilizar á cidadanía sobre a Osteoxénese Imperfecta, a enfermidade do ósos de cristal, que celebra o seu día mundial baixo o lema "Os abrazos non fracturan"
mércores, 13 abr 2022
O rexedor avanzou en rolda de prensa que este domingo, 17 de abril, Día Mundial da Hemofilia, as fontes da rúa Aragón iluminaranse de vermello para concienciar á poboación sobre o significado da enfermidade e a necesidade de seguir investigando e compartir coñecementos para afrontar a doenza e mellorar a calidade de vida dos pacientes.
luns, 21 mar 2022
O alcalde explicou que, con motivo do Día Internacional da Síndrome de Down, que se conmemora este luns 21 de xaneiro, as fontes tínguense de azul e amarelo.
xoves, 16 dec 2021
Aprobado este xoves, o goberno vigués licita o subministro de enerxía ás instalacións municipais para un ano, por importe de 6,5 millóns de euros. Como novidade, segundo puxo en valor o alcalde, a esixencia de que a electricidade proceda de fontes 100% renovables.