O Concello adxudica o servizo para o alumeado público por 2,8 millóns, un 8% menos do prezo de mercado

luns, 14 mar 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local, entre os que atópase a adxudicación a Endesa por dous anos (un máis outro ano prorrogable) do subministro de enerxía para o alumeado público. A empresa plantexou unha oferta á baixa do 8% sobre o prezo de mercado do quilovatio, batindo as presentadas por Iberdrola e Fenosa.

Encendido do alumeado do Nadal con máis de 3 millóns de microbombillas nun cento de rúas da cidade

xoves, 30 nov 2006

Máis de tres millóns de microbombillas, fíos luminosos, figuras e arcos de ratán iluminan dende este serán un cento de rúas da cidade. Avenidas, prazas, os contornos comerciais (Calvario, Travesas, Casco Vello, Teis, Zona Centro Príncipe, Bouzas), monumentos, edificios, xardineiras e glorietas contan dende hoxe coa iluminación do Nadal que o Concello de Vigo adquiriu nos últimos anos, e á que se incorporan novidades.