O alcalde salienta o investimento en vivenda por parte do Goberno de España

xoves, 3 abr 2025

Abel Caballero acudiu acompañado do delegado do Goberno, Pedro Blanco, ás obras de vivenda de Navia nas que o Goberno de España achega máis de 10 millóns de euros para 207 vivendas. Tamén asistiron o delegado da Zona Franca, David Regades, o subdelegado do Goberno, Abel Losada, e as tenentes de Alcaldía, Carmela Silva e María José Caride.