venres, 20 nov 2026
Abel Caballero puxo en valor este venres o traballo das profesionais sanitarias que están en contacto permanente co paciente que se somete a unha intervención cirúrxica. Destacou a importancia das xornadas, que abordan distintos aspectos das técnicas cirúrxicas, así como da seguridade, dos dereitos do paciente e da responsabilidade deontolóxica. O rexedor animounos a gozar da cidade e da iluminación do Nadal.
martes, 20 out 2026
O Concello iluminará de lila as fontes de Aragón para conmemorar, hoxe mércores 20 de outubro, esta xornada que ten como obxectivo visibilizar este grupo de enfermidades raras caracterizadas pola acumulación anormal de mastocitos, que son células do sistema inmunitario involucradas nas reaccións alérxicas en distintos tecidos e órganos do corpo, como a pel, a médula ósea, os ósos ou o tracto dixestivo.
martes, 13 out 2026
O alcalde asegurou que a sanidade está a vivir a situación máis calamitosa da historia da cidade. Así o confirmou logo de manter un encontro con SOS Sanidade Pública con quen analizou o “imparable aumento das listas de agarda”.
luns, 28 set 2026
A Corporación municipal aprobou no Pleno de hoxe, con 25 votos a favor do PSOE e 5 do BNG e a abstención do PP, a moción que reclama á Xunta de Galicia medidas para a planificación e construción de novas residencias públicas na cidade.
luns, 27 xul 2026
A Corporación municipal aprobou, cos 21 votos favorables do PSOE e do BNG e os 5 votos en contra do PP, unha moción que reclama á Consellería de Sanidade a creación de novos Puntos de Atención Continuada na cidade e o cesamento do conselleiro de Sanidade. O Pleno deu luz verde, coa mesma votación, a unha segunda iniciativa sobre a implantación de novos ciclos de Formación Profesional Básica nos centros públicos vigueses.
luns, 29 xuñ 2026
O Pleno aprobou este luns a moción do grupo socialista que reclama ao Sergas a cobertura “inmediata” e “total” de todas as prazas vacantes neste verán dos profesionais de Atención Primaria. “Vigo necesita unha Atención Primaria forte e non máis improvisacións”, defendeu a edil socialista Elena Espinosa.
martes, 21 abr 2026
O alcalde censura a negativa do goberno autonómico de facilitar ao Concello a compra da parcela, situada fronte á entrada do hospital Álvaro Cunqueiro, para construír un novo aparcadoiro gratuíto de 450 prazas.
xoves, 16 abr 2026
O alcalde participou este xoves na inauguración do congreso, que reúne no Auditorio Mar de Vigo a máis de 600 profesionais de toda España, representantes dos principais centros asistenciais e de investigación para reflexionar sobre avances na uroloxía oncolóxica e para fortalecer a colaboración institucional en materia de saúde.
luns, 1 dec 2025
O alcalde avanzou o seu apoio á manifestación que o próximo xoves 4 partirá ás 19,00 h de Praza España. Convocada por SOS Sanidade Pública baixo o lema “Reconstruír a área sanitaria”, esta marcha denunciará, en verbas de Caballero a “deficiente” situación que atravesa a sanidade en Vigo con falta de medios, persoal e organización, a pesar de que os e as profesionais fan un traballo “excepcional”.
mércores, 5 nov 2025
Abel Caballero recibiu este mércores a unha representación dos radiólogos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo que levan case un mes en folga para reclamar unha mellor atención aos pacientes.