Caballero reclama á Xunta un acceso directo ao novo hospital desde o aparcamento municipal gratuíto

martes, 17 nov 2015

Segundo revelou este martes o alcalde, a Xunta de Galicia non autorizou ao Concello a facer unha conexión directa para vehículos e peóns entre o aparcamento municipal gratuíto que se está a habilitar e o Hospital Álvaro Cunqueiro. Pola contra, o goberno autonómico propón que o Concello faga una entrada e saída pola Avenida Clara Campoamor. Caballero esixe ao goberno autonómico que permita a conexión directa.

O alcalde ve na reunión co conselleiro unha "ocasión perdida" para mellorar a "dramática" situación da sanidade viguesa

luns, 9 nov 2015

Tras a reunión con Vázquez Almuiña deste luns, Caballero valorou o "bo tono" da entrevista mais lamentou que, no tocante á area sanitaria viguesa, "solucións e reformas, cero". O rexedor vigués solicitou melloras no novo hospital -máis camas, máis espazo en Urxencias, un laboratorio central e a gratuidade dos aparcamentos- e tamén na área sanitaria viguesa, como a construción dos centros de saúde comprometidos pola Xunta de Galicia.

O rexedor recoñece o labor desenvolvido por Érguete nos seus 30 anos de actividade

xoves, 15 out 2015

Abel Caballero participou este xoves na clausura das Xornadas Conmemorativas da Fundación Érguete que se desenvolveron baixo o lema "Nin tolas nin terroristas" para celebrar os 30 anos de loita da entidade contra a drogodependencia. O Auditorio do Concello acolleu este encontro no que profesionais do ámbito xurídico, administrativo e do tratamento abordaron esta problemática. O alcalde felicitou a Érguete polo labor desenvolvido durante estes anos e recoñeceu a importancia das mulleres que puxeron en marcha a iniciativa hai tres décadas.

O alcalde reclama que se resolvan as carencias do novo hospital

venres, 2 out 2015

Nunha reunión celebrada este venres pola mañá no Concello, un grupo de profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro explicáronlle a Abel Caballero que o centro presenta deficiencias estruturais, fallos de organización e que o espazo para atender as urxencias "xa está esgotado". Por iso, o rexedor decidiu enviarlle unha carta ao presidente Feijóo demandando a resolución de todos os desperfectos que presenta.

Caballero amosa a súa disconformidade coa intención de pechar 15 días o Nicolás Peña

venres, 5 xuñ 2015

O alcalde transmitiu esta mañá o seu apoio aos traballadores do Nicolás Peña cos que mantivo esta mañá un encontro no que estes profesionais lle trasladaron a intención da Xunta de pechar todo o hospital -excepto a área de siquiatría- durante 15 días. Caballero amosou a súa absoluta disconformidade con esta decisión e así llo trasladará por carta a Alberto Núñez Feijóo.