Escoitar

A OCU conclúe que os cidadáns de Vigo son os máis satisfeitos coa xestión municipal fronte ao covid

Unha enquisa realizada pola OCU en catro momentos temporais diferentes nas 15 cidades españolas máis poboadas conclúe que a metade dos vigueses considera positiva a xestión municipal fronte ao covid. Este porcentaxe baixa 20 puntos cando se pregunta pola labor da comunidade autónoma.

mércores, 17 feb 2021

Un informe da Organización de Consumidores e Usuarios conclúe que os cidadáns de Vigo son os máis satisfeitos coa xestión municipal da pandemia, considerada boa pola metade dos enquisados. Este organismo preguntou a persoas de entre 18 e 74 anos das 15 cidades máis poboadas de España, entre finais de outubro e principios de novembro (en plena segunda onda).

As conclusións do estudo sinalan que os vigueses valoran a xestión municipal moi por riba da de outras administracións. Mentres que a metade dos veciños de Vigo coidan boa a xestión do Concello, esta porcentaxe baixa vinte puntos cando se lles pregunta pola xestión da comunidade autónoma. Respecto doutras urbes, a porcentaxe de enquisados satisfeitos coa labor de loita contra o covid nos seus municipios está nun 11% en Palma de Mallorca; nun 16%, en Sevilla; nun 17% en Madrid ou nun 20% no caso de Gijón.