Xulio Calviño participa na presentación do primeiro Simposio Internacional de innovación nos produtos pesqueiros

venres, 25 xuñ 2010

O concelleiro municipal participou este venres na presentación pública do evento organización por Anfaco Cecopesca, que reunirá en Vigo a numerosos e recoñecidos investigadores internacionais. Calviño subliñou a "iniciativa" da entidades viguesas "na procura da innovación, a competitividade e a excelencia", como amosa a organización deste Simposio, e salientou que Vigo volva acoller acontecementos de interese internacional.

O Goberno Local salienta a súa "eficacia" na "transformación da cidade" nestes tres anos e márcase como obxectivo "facer fronte" á crise

mércores, 23 xuñ 2010

O goberno de Vigo fixo este mércores balance da actuación municipal nos tres primeiros anos de mandato, un repaso no que alcalde e tenente de alcalde salientaron a "transformación" experimentada pola cidade e marcáronse como reto para o ano que resta de goberno ata os comicios continuar traballando contra os efectos da crise económica en Vigo.

O Concello facilita na súa páxina web información sobre como casar polo civil

venres, 4 mar 2005

Para facilitar a celebración das vodas civís, o Concello de Vigo fai pública unha circular que contén información sobre os trámites necesarios, así como sobre diversos aspectos relacionados co propio acto do casamento. A circular, que pode lerse na páxina web do Concello, inclúe tamén unha relación das preguntas que os interesados formulan con máis frecuencia.

O Xornal do Concello de Vigo colle vacacións

venres, 1 ago 2003

Este Xornal, o servicio web do Gabinete de Prensa do Concello de Vigo, collerá vacacións durante o mes de agosto e ata o comezo do vindeiro curso. De todos os xeitos, as <a href='http://xornal.vigo.org/xnprevisions.php'>previsións</a> informativas seguiranse actualizando durante todos estes días.

O Xornal Dixital estrea novo deseño

luns, 10 mar 2003

A web municipal continúa a súa aposta pola sociedade da información cun servicio de correo de identificación cidadá, a obtención de volantes de empadroamento en liña e a realización de pagamentos de taxas e impostos.