luns, 26 out 2026
Caballero avanzou que se duplicarán as tres liñas nocturnas, ademais de reforzar o servizo aos cemiterios. Na pasada edición máis de 3.700 persoas empregaron o servizo nocturno especial, confirmando o éxito desta iniciativa que garante un retorno cómodo e seguro ás casas.
mércores, 23 set 2026
O remate das obras do Paseo de Granada permite restablecer o percorrido cara a Praza de América e reforzar a conexión entre o autobús urbano e os corredores mecánicos de Vigo Vertical.
mércores, 17 xuñ 2026
O Concello despregará o martes 23 de xuño un dispositivo especial cara a praia de Samil. Desde as sete da tarde e ata as seis da madrugada do día 24 de xuño aumentarán as frecuencias das liñas principais para responder ao incremento da demanda de viaxeiros.
venres, 12 xuñ 2026
Desde o vindeiro luns, 15 de xuño, actívase o servizo especial de transporte urbano aos areais de Samil e O Vao cun reforzo das liñas para facilitar o desprazamento da cidadanía tódolos días da semana.
xoves, 23 abr 2026
Abel Caballero anunciou que xa está activo o cálculo de rutas na plataforma de navegación máis utilizada no mundo.
venres, 17 abr 2026
O rexedor presentou este venres, xunto a Vitrasa, o segundo autobús turístico que permitirá reforzar o servizo e mellorar a capacidade de atención tanto ás persoas que visitan a urbe como á cidadanía.
xoves, 26 mar 2026
Abel Caballero informou de que desde o sábado 28 de marzo e ata o domingo 5 de abril os visitantes poderán descubrir os lugares máis emblemáticos da cidade desde unha perspectiva diferente. O autobús conta con audio guías en 8 idiomas, dúas alturas e teito despregable.
martes, 24 mar 2026
Para garantir unha mellor mobilidade durante as mañás e as tardes do venres, sábado e domingo reforzarase o servizo nas liñas C1 e L5 e a liña especial “Reconquista”. O servizo nocturno da liña C1 reforzarase as noites do venres e do sábado coa incorporación dun autobús adicional. As liñas N1 e N4 manterán o seu servizo habitual durante toda a fin de semana.
venres, 2 xan 2026
A Xunta de Goberno Local aprobou este martes a solicitude de axudas directas ao transporte público do Goberno de España, que permitirá que as tarifas dos billetes se manteñan como en 2025.
luns, 29 dec 2025
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a licitación do transporte público urbano de viaxeiros para os próximos nove anos, coa posibilidade dun ano máis de prórroga, cun presuposto medio anual de 21,6 millóns de euros.