Escoitar

O Concello mantén o prezo do transporte urbano para 2026

A Xunta de Goberno Local aprobou este martes a solicitude de axudas directas ao transporte público do Goberno de España, que permitirá que as tarifas dos billetes se manteñan como en 2025.

martes, 30 dec 2025

O alcalde valorou a conxelación dos prezos do transporte urbano da cidade en 2026, xa que manteñen a tarifa de 2025. Tal e como explicou, o Goberno de España continúa subvencionando o transporte público e o Concello de Vigo tamén, mentres a Xunta de Galicia non subvenciona nada.

Así, os usuarios da PassVigo pagarán o mesmo que ata o de agora polo billete e o ordinario, sen deduccións queda en 1,63 euros.

As tarifas do transporte urbano de Vigo quedan como segue:

• Billete ordinario: 1,63€ - non se aplica desconto

• Menores de 15 anos: gratis

• Pensionistas seguen viaxando gratis con desconto Concello

• PassVigo: o usuario paga 0,67 euros (paga un 41% do custo); o Concello asume 0,74 céntimos (subvencionando un 45,5%) e o Goberno de España achega 0,22 (subvenciona un 13,5%).

O Concello estima que o vindeiro ano, o transporte urbano da cidade acadará os 19,6 millóns de usuarios achegando 14 millóns de euros á subvención dos billetes dos usuarios da PassVigo.

 

Descargar todas as imaxes