Escoitar

O Torneo de Nadal Cidade de Vigo Baloncesto 3x3 bate récord de participantes

O Torneo de Nadal Cidade de Vigo de Baloncesto 3x3, organizado polo Concello e o Clube de Baloncesto Seis do Nadal, disputarase o domingo 4 de xaneiro no Pavillón de Navia coa participación de 280 xogadores e xogadoras de 59 equipos.

venres, 2 xan 2026

Abel Caballero presentou este venres, co concelleiro de Deportes, directivos, adestradores e xogadores do Seis do Nadal, a competición que alcanza a súa cuarta edición rexistrando un récord de participantes.

Estruturado en catro categorías, que contarán con equipos masculinos, femininos e mixtos integrados por 4 e 5 deportistas, no torneo está confirmada a participación de 19 equipos na categoría de minibásquet, outros 19 na de infantil, 10 en cadetes de segundo ano e 8 de séniores. Os máis pequenos celebrarán os seus partidos no Pavillón de Navia entre as 10 da mañá e as dúas da tarde e os maiores de 16.00 a 20.00 horas. Xa teñen confirmada a participación de distintos clubs galegos, aínda que a maior parte dos equipos participantes son da cidade.

O torneo de baloncesto é a segunda actividade encargada polo Concello á Fundación Vide para Nadal, xa que entre os días 26 e 28 de decembro tivo lugar a competición de fútbol que contou coa participación de 2.500 xogadores. “O Torneo de Baloncesto 3x3 vai ser un gran campionato”, incidiu o alcalde. O director deportivo do Club Seis do Nadal, Sergio González, destacou a elevada participación en todas as categorías.

Descargar todas as imaxes