O Goberno municipal outorga 45.000 euros para fomentar o deporte feminino

luns, 21 set 2026

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar a resolución da convocatoria de subvencións coa que 79 entidades deportivas sen ánimo de lucro que traballan na cidade recibirán axudas para fomentar o deporte feminino. O Goberno municipal quere contribuír, con este programa, a financiar os gastos ocasionados no desenvolvemento da actividade dos clubs que promoven o deporte feminino.

Caballero reclama á RFEF información oficial sobre a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

xoves, 10 set 2026

“Nestes momentos aínda non temos ningunha notificación oficial con respecto ao Mundial 2030”, advertiu o rexedor, que censurou que a cidade continúe sen coñecer se a RFEF trasladou formalmente a candidatura viguesa á FIFA nin cando se producirá unha eventual visita dos técnicos internacionais a Balaídos. Caballero tamén sinalou que “Vigo no mes de decembro terá tres bancadas preparadas para o mundial. Hai campos que Louzán seleccionou que non teñen ningunha”.

Caballero felicita ás subcampioas de España cadetes de balonmán praia

xoves, 20 ago 2026

O alcalde recibiu este xoves no Concello ao equipo vigués cadete feminino de balonmán praia, que acadou a medalla de prata no Campionato de España 2026 celebrado en Laredo (Cantabria) do 30 de xullo ao 2 de agosto. As xogadoras chegaron á final tras superar as distintas fases da competición e proclamáronse subcampioas de España, un resultado que consolida o crecemento do balonmán praia de base na cidade. Abel Caballero felicitou ás deportistas e ao club polo éxito acadado e puxo en valor o seu traballo e a súa dedicación, así como a importancia de continuar apoiando desde o Concello o deporte vigués e a formación das novas xeracións.