Balaídos alzará este mércores o segundo tramo da estrutura da cuberta de Gol

luns, 3 ago 2026

As obras da nova grada de Gol continúan avanzando coa montaxe da cuberta. O Concello izará este mércores o segundo dos 16 tramos da malla que a sostén, mentres mantén a previsión de completar a bancada a finais deste ano. Abel Caballero reafirmou tamén que a reforma de Balaídos estará terminada “en tempo e forma” para que Vigo sexa sede do Mundial de 2030.

Os novos campións de pickleball visitan o Concello

xoves, 23 xul 2026

Os concelleiros, Manel Fernández e Elena Espinosa, recibiron no Concello a Hugo Nogueira, Ariadna Pazos e Martina González, integrantes da Escola de Pickleball do Círculo Mercantil de Vigo, tras a súa destacada participación no Campionato de España Xuvenil celebrado en Arganda del Rey. Hugo Nogueira proclamouse campión de España de dobres masculino sub-14, formando parella con Lucas Faraldo, e acadou tamén o subcampionato de dobres mixtos xunto a Ariadna Pazos. Pola súa banda, Ariadna Pazos e Martina González conseguiron o subcampionato de España de dobres feminino sub-14. O Círculo Mercantil foi a única das 132 escolas de pickleball de España que conseguiu clasificar deportistas para as finais das tres modalidades da categoría sub-14. Na recepción participaron tamén Sonia Rodríguez e Sara Docampo; o vicepresidente do Círculo Mercantil e director da escola, Fran Yáñez; e o monitor Patxy Suárez.

O Marisquiño converterá Samil nun gran escenario musical con catro espazos e programación continua

mércores, 15 xul 2026

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este mércores na presentación do cartel musical desta edición, na que destacou a vinculación do festival coa cidade. “O Marisquiño hoxe é unha parte profunda da identidade de Vigo, O Marisquiño é Vigo”, afirmou o rexedor. O Concello inviste 1,3 millóns de euros no evento, sendo a única administración presente no patrocinio de O Marisquiño

O rexedor recibe aos medallistas vigueses da Selección Galega de Espeleoloxía

luns, 13 xul 2026

Abel Caballero recibiu en Alcaldía a David Lemos, do Club Montañeiros Celtas, e a María Luisa Barros, do Espeleoclub Aradelas e adestradora da selección, acompañados por Fernando Fernández Rey, vicepresidente do Club Montañeiros Celtas. O rexedor felicitounos pola súa destacada actuación no XX Campionato oficial de TPV en espeleoloxía, celebrado en Corberá de Llobregat, onde acadaron cinco medallas: tres ouros para David Lemos na categoría Veteranos A e dous bronces para María Luisa en Veteranos A feminina.