Caballero pon en valor a traxectoria do Rally Rías Baixas

martes, 23 xuñ 2026

A sede do Celta na rúa do Príncipe acolleu este martes a presentación da LIX edición do Rally Recalvi Rías Baixas que se celebrará os días 2, 3 e 4 de xullo cun percorrido de 127 quilómetros pola área de Vigo e con tramos polo centro da cidade. O alcalde valorou que a cita do motor, na "excelencia do deporte" sitúe a Vigo un ano máis no mapa da velocidade e destacou a importancia destes eventos para a cidade, onde o automóvil conforma un piar fudamental da industria. Ademais agradeceu o traballo de Chema Rodríguez, director do Grupo Recalvi, na promoción e apoio a este deporte. No acto participaron, entre outras autoridades, Antonio Troitiño e Manuel Aviño, presidentes, respectivamente, da Federación galega e española de automovilismo.

O rexedor felicita ao Maniotas polo seu ascenso á Primeira División

venres, 19 xuñ 2026

Abel Caballero recibiu este venres a unha representación do club, dúas adestradoras e ximnastas, a quen felicitou por lograr este ascenso histórico grazas á súa profesionalidade e tenacidade na preparación das competicións. O Club Maniotas Vigo será o primeiro equipo galego que xogue na Primeira División da Liga Iberdrola, un fito para a ximnasia en Galicia e para a entidade deportiva este ano celebra o seu 40 aniversario con 800 integrantes entre os federados e os das escolas formativas.

Caballero saúda ás campioas da canteira do Celta Baloncesto, gañadoras da Liga Galega

mércores, 17 xuñ 2026

Abel Caballero felicitou hoxe ás xogadoras dos tres equipos de base do Club Celta de Baloncesto Feminino polas vitorias alcanzadas ao longo desta tempada que as levou a alzarse cos títulos de campioas da Liga Galega nas categorías preinfantil, alevín e benxamín. O rexedor animou ás integrantes do equipo alevín, que este sábado participan no Campionato Español de Minibásket, a conseguir un novo triunfo para o seu palmarés deportivo .

A VIII Xuntanza Moteira de Valadares percorrerá 42 quilómetros polas estradas de Vigo o sábado 20

martes, 16 xuñ 2026

O alcalde presentou esta mañá a cita moteira que reunirá a un máximo de 500 afeccionados na ruta que partirá ás 5,30 da tarde desde a estrada do Regueiro para finalizar, dúas horas despois, na estrada Camiño Igrexa. Organizada pola Asociación Irmandade de San Campio de Valadares, conta coa colaboración do grupo moteiro “4 amigos” e do Concello de Vigo.