A VIII Xuntanza Moteira de Valadares percorrerá 42 quilómetros polas estradas de Vigo o sábado 20
O alcalde presentou esta mañá a cita moteira que reunirá a un máximo de 500 afeccionados na ruta que partirá ás 5,30 da tarde desde a estrada do Regueiro para finalizar, dúas horas despois, na estrada Camiño Igrexa. Organizada pola Asociación Irmandade de San Campio de Valadares, conta coa colaboración do grupo moteiro “4 amigos” e do Concello de Vigo.
Abel Caballero destacou as facilidades que proporciona o Concello para a mobilidade en moto en toda a cidade, “non só porque o imposto estea prácticamente en mínimos, senón por como facilitamos o aparcamento sen molestar aos peóns”.
Na pasada edición da Xuntanza Moteira de Valadares participaron 350 motoristas, segundo explicaron os organizadores ao avanzar que a medianoite do sábado 20 arrincará, en colaboración con Stop Accidentes, o percorrido con fachos que discorrerá desde San Campio ata o parque forestal Miradoiro do Cepudo. Trátase dunha iniciativa solidaria que inclúe unha charla de concienciación aos máis de 180 participantes por parte dun delegado de Stop Accidentes, así como un minuto de silencio en recordo a todas as vítimas de sinistros viarios.
Percorrido
Daniel Beiro, do “Grupo Moteiro 4 Amigos”, avanzou que a ruta arrincará da estrada do Regueiro, para discorrer por camiño da Igrexa, estrada Souto Valadares (cruzamento da estrada Freixo), con continuación ata estrada do Zondal, estrada San Xoán, Abade Juan de Bastos, rúa Manuel Cominges, cruzamento na Avenida Castrelos para seguir por Ramiro Pascual, estrada do Porto, estrada da Garrida, estrada do Portal, estrada Clara Campoamor, rúa do Falcoido, camiño Campaneiro, camiño da Capela, rúa das Chans, camiño Área do Lecer e parque forestal Pouso.
Tras unha parada para comer, a xuntanza iniciará a volta polo camiño Pouso, rúa do Xestoso, camiño Freires, subida Miraflores, rúa da Viña Grande, rúa Recaré, camiño Loureiro, rúa de Segade, estrada de Bembrive, rúa de Eifonso, rúa Xeme, rúa Cacheno, estrada de Moledo, estrada Ponte Segade, estrada de Miraflores, Baixada a Laxe, Subida a Costa, rúa Pazo, rúa Mestres Goldar, Avenida Castrelos, estrada de Valadares e Camiño da Igrexa.