Escoitar

O prazo de matrícula nas escolas infantís municipais esténdese do 17 ao 26 de xuño

O Concello ofertou para o próximo curso escolar 438 prazas distribuídas en 9 escolas infantís. Os listados de alumnado admitido xa se poden comprobar na web municipal.

martes, 16 xuñ 2026

Caballero anunciou esta mañá que xa se poden consultar na web municipal os listados definitivos de admisión nas escolas infantís do Concello. O prazo de matrícula comeza o 17 de xuño e remata o día 26 e, a partir do 1 de setembro, abrirá un prazo extraordinario para a adxudicación das prazas que quedaron vacantes. O Concello ofertou 438 prazas das que se ocuparon 374, con 29 vacantes na quenda de mañá e 35 na da tarde.

O alcalde lembrou que as 9 escolas infantís municipais son completamente gratuítas -incluído o servizo de comedor – o que supón un orzamento de 2,8 millóns. O curso comezará o 4 de setembro.

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes