venres, 19 xuñ 2026
A Xerencia de Urbanismo da próxima semana proporá a adxudicación do contrato que permitirá construír 27 vivendas na intersección de Esturáns con Tomás Alonso. O proxecto conta cun orzamento de 6,4 millóns.
venres, 19 xuñ 2026
O alcalde informou do seu nomeamento na Xunta de Goberno Local engadindo que "se incorporarán de xeito inmediato ao traballo unha vez tomen posesión”.
venres, 19 xuñ 2026
A Xunta de Goberno aprobou este venres a prórroga da contratación do servizo de supervisión dos traballos de instalacións da exposición belenística, os mercados e a megafonía de Nadal.
venres, 19 xuñ 2026
A oitava edición da Batalla Mural do programa “Vigo, cidade de cor” encherá de arte a Porta do Sol a partir das 10,00 h de mañá sábado. Trátase dunha iniciativa que pretende promover o talento artístico da mocidade ao tempo que achega a cultura urbana ao conxunto da cidadanía.
venres, 19 xuñ 2026
Abel Caballero recibiu este venres a unha representación do club, dúas adestradoras e ximnastas, a quen felicitou por lograr este ascenso histórico grazas á súa profesionalidade e tenacidade na preparación das competicións. O Club Maniotas Vigo será o primeiro equipo galego que xogue na Primeira División da Liga Iberdrola, un fito para a ximnasia en Galicia e para a entidade deportiva este ano celebra o seu 40 aniversario con 800 integrantes entre os federados e os das escolas formativas.
venres, 19 xuñ 2026
O alcalde saudou este venres aos participantes na XLV asemblea xeral de Anagrual, agrupación nacional de alugadores de guindastres móbiles de España, destacando o traballo que realizan estas empresas, especialmente en Vigo, coa montaxe, entre outras estruturas de referencia, da árbore de Nadal. Os integrantes de Anagrual, que agrupa a 200 pemes con máis de 8.000 traballadores, analizan en Vigo ata o domingo 21 as novidades do sector.
venres, 19 xuñ 2026
Abel Caballero asistiu este venres á graduación de 80 estudantes da Escola de Imaxe e Son de Vigo e do Campus Politécnico Aceimar, celebrado no Auditorio municipal da Praza do Rei. O acto serviu como homenaxe ao alumnado que finaliza a súa etapa formativa nos dous centros e tanto o profesorado como as familias compartiron recoñecementos e lembraron momentos representativos deste período académico. Caballero feliciotunos polo traballo realizado e desexoulles todo o éxito na seguinte etapa vital.
venres, 19 xuñ 2026
O Concello súmase este venres, 19 de xuño, á celebración do Día Mundial do Refuxiado iluminando de azul as fontes da rúa Aragón. É unha xornada na que se quere honrar ás persoas que nalgún momento se viron e se ven forzadas a fuxir do seu país ou lugar. Ademais, esta noite tamén se ilumina de azul e branco a fonte das Illas Baleares en conmemoración do Día de Uruguai.