Escoitar

Caballero destaca o liderado da Armada Española na seguridade internacional

Abel Caballero trasladou esta mañá a Ignacio Villanueva, vicealmirante da Armada Española e comandante da Operación Atalanta, activada en 2008 no Índico tras os secuestros dos pesqueiros Praia de Bakio e Alakrana por piratas somalíes, o “orgullo” por liderar as forzas que garanten a seguridade no mar. “É unha gran honra como país, como nación”, afirmou.

xoves, 18 xuñ 2026

O alcalde destacou, ante os participantes na conferencia “A Operación Atalanta, unha operación marítima da Unión Europea para a xente do mar”, o “notable” papel de España na seguridade marítima.

Dirixíndose ao vicealmirante Ignacio Villanueva, o rexedor afirmou que os membros da Armada “sodes os gardiáns da economía a través da seguridade e iso é o máis importante que pode suceder”, tanto para contribuír á paz internacional, como polas súas accións en operacións de seguridade concretas, como a Atalanta, “para que os cidadáns poidamos seguir facendo a nosa economía en paz e acougo e sabendo que a Armada Española está á cabeza dese proceso de defensa”.

Descargar todas as imaxes