Escoitar

O Concello adquire dous novos camións de bombeiros

A Xunta de Goberno Local adxudicará mañá a contratación dos vehículos por 1,2 millóns de euros para as novas dotacións dos parques de Teis e de Esturáns-Sergio Sanlés.

xoves, 18 xuñ 2026

O Concello renova dous vehículos BUP, bomba urbana pesada, por outros que incorporan novas tecnoloxías que melloran os tempos de resposta, a maniobrabilidade e a capacidade de impulsión dos caudais de auga.

Caballero lembrou que a finais de 2025 Vigo mellorou as dotacións do servizo de bombeiros coa renovación do parque Sergio Sanlés, na zona de Tomás Alonso, cun investimento de 3 millóns de euros. A esta mellora súmase a incorporación dunha escaleira articulada de 64 metros, coa posibilidade de alcanzar 20 plantas e un custo de 1,1 millóns de euros; ademais de seis novos vehículos: 2 autobombas abastecedoras, dous vehículos 4x4, un todoterreo 4x4 e un furgón por un importe de preto dun millón de euros.

O investimento total no último ano no servizo de extinción de incendios ascende a 6,3 millóns de euros.

Descargar todas as imaxes