Escoitar

O alcalde valora Stonegal como un “gran congreso” para o sector da pedra natural

Abel Caballero participou este mércores na inauguración da II edición de Stonegal, a feira internacional de referencia para o sector da pedra natural que reúne desde hoxe e ata o venres no IFEVI a 150 expositores coa presenza de empresas, profesionais e representantes nacionais e internacionais vinculados a toda a cadea de valor. O alcalde puxo en valor a “idea brillante” de organizar un “gran congreso” arredor da pedra, que “representa a forma de entender o que fomos coa modernidade do século XXI”. Así expuxo que “Vigo é a cidade da pedra” desde o momento no que construíu as as súas murallas de pedra, “como forma de vida e defensa” ata agora, na modernidade, cando a pedra segue sendo a protagonista na configuración do espazo urbano. “Humanizamos 700 rúas con pedra, verde e flores e así pisamos un granito excepcional, que enlaza co que somos” e citou como exemplo a Porta do Sol que era de asfalto e hoxe, sen coches, é unha praza con solo de granito recuperada como espazo cultural para a cidadanía.

mércores, 17 xuñ 2026
Descargar todas as imaxes