Escoitar

A ONG Tierra de Hombres amosa no Concello o seu labor humanitario en Ucraína

O alcalde e a concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, participaron este martes na inauguración dunha mostra fotográfica da ONG Fundación Tierra de Hombres que poderña verse na lonxa do Concello durante un mes. As imaxes mostran o traballo da entidade en Ucraína dando apoio aos provedores de axuda humanitaria e prestando servizos directos a nenas, nenos e as súas familias. Un total de 724 menores beneficiáronse desta axuda grazas ao labor de Tierra de Hombres na distribución de alimentos, produtos de hixiene e escolares; na rehabilitación e subministro de albergues seguros; no abastecemento de equipos móbiles para brindar apoio psicosocial ás persoas desprazadas; no seguimento de nenas e nenos con problemas psicolóxicos e outras vulnerabilidades.

martes, 16 xuñ 2026
Descargar todas as imaxes