Urbanismo avanza no Plan do Ensanche que deseñará a cidade para os próximos 20 anos
Vigo prosegue tramitando o Plan do Ensanche que servirá para deseñar a cidade dos vindeiros 20 anos. O documento, que acaba de de recibir validación medioambiental, aposta pola protección do patrimonio, a arquitectura contemporánea e a mellora do espazo público.
O alcalde deu conta do avance na tramitación do Plan do Ensanche, que vén de recibir informe ambiental estratéxico favorable. Tal e como detallou, nestes momentos, Urbanismo está a redactar o documento de aprobación inicial, posteriormente, recabaranse informes previos para proceder á aprobación inicial do documento. A partir de aí chegará o período de información pública e de solicitude de informes sectoriais do Estado; contestación de alegacións e aprobación provisional previa ao informe da Xunta e, finalmente, aprobación definitiva. Segundo explicou Caballero, a previsión é aprobar este plan en dous anos.
O Plan do Ensanche prevé a ampliación do propio ámbito e un exhaustivo estudo do patrimonio arquitectónico, que permitirá duplicar o número de elementos catalogados con respecto ao planeamento anterior. Neste contexto, Caballero puxo en valor a relevancia da arquitectura contemporánea, destacando obras de arquitectos como Fernando Araújo, Pérez Llorente, Alberto Baltar, Desiderio Pernas, Bar Boo ou Castro Represas, entre outros.
O Plan do Ensanche incorpora tamén unha clara aposta pola mellora do espazo público e pola mobilidade sostible. Entre as diferentes opcións en estudo, o alcalde salientou a ampliación futura do túnel desde a Porta do Sol coa posibilidade de chegar ata a intersección de García Barbón con Serafín Avendaño. No ámbito da reorganización urbana, o documento contempla a creación dun espazo semipeonil en Policarpo Sanz, con acceso restrinxido a residentes, así como un forte protagonismo do espazo peonil en García Barbón.
Muros
O Concello finalizou os traballos de reparación de muros que se viron afectados polos temporais que asolaron a cidade o pasado inverno. Atendendo a cuestións de seguridade, actuouse por procedemento de emerxencia en seis estruturas por importe de 1 millón de euros: Vista do Mar (San Xoán do Monte); Cantabria n.º 300 (Teis); Vía Traída das Augas (Cabral); Camiño Igrexa n.º 113 (Valadares); rúa Baixada á Praia (Saians) e Praia de Santa Baia (Alcabre).
Desde o Concello, explicou Caballero, "revisamos continuamente o estado de estruturas e imos executando o reforzando muros cuando é preciso". En concreto, referiuse ás actuacións executadas no muro del campo de fútbol de As Relfas, no parque de Navia ou nos colexios Valle Inclán, Igrexa Valadares ou Galindra. Ademais, engadiu, este verán o Concello rehabilitará as paredes exteriores da Escola Infantil Villalaura e o colexio Mestres Goldar. Todas estas actuacións supoñen un investimento de 2,8 millóns de euros.