Escoitar

Vigo alcanza a décima vasoira de platino

A dixitalización do servizo de limpeza proporcionou ao Concello de Vigo o novo recoñecemento. “Somos a cidade máis limpa de Europa”, recalcou o alcalde ao explicar que a semana pasada foi entregado o galardón que recoñece a situación da cidade.

luns, 15 xuñ 2026

Abel Caballero lembrou que o Concello foi galardoado durante os anos 2008, 2010, 2012, 2014, 2016, 2018, 2020, 2022, 2024 e 2026. “A cidade foi premiada desde o inicio do meu mandato como alcalde", explicou.

O proceso de dixitalización implantado no servizo permitiu optimizar o traballo por barrios, rúas e zonas segundo lembrou o rexedor ao recalcar que a limpeza atende a unha área de 2.303 quilómetros, dos que 1.634 son do rural e 669 da zona máis urbana.

Descargar todas as imaxes