mércores, 17 xuño 2026

O alcalde valora Stonegal como un “gran congreso” para o sector da pedra natural

Abel Caballero participou este mércores na inauguración da II edición de Stonegal, a feira internacional de referencia para o sector da pedra natural que reúne desde hoxe e ata o venres no IFEVI a 150 expositores coa presenza de empresas, profesionais e representantes nacionais e internacionais vinculados a toda a cadea de valor. O alcalde puxo en valor a “idea brillante” de organizar un “gran congreso” arredor da pedra, que “representa a forma de entender o que fomos coa modernidade do século XXI”. Así expuxo que “Vigo é a cidade da pedra” desde o momento no que construíu as as súas murallas de pedra, “como forma de vida e defensa” ata agora, na modernidade, cando a pedra segue sendo a protagonista na configuración do espazo urbano. “Humanizamos 700 rúas con pedra, verde e flores e así pisamos un granito excepcional, que enlaza co que somos” e citou como exemplo a Porta do Sol que era de asfalto e hoxe, sen coches, é unha praza con solo de granito recuperada como espazo cultural para a cidadanía.

O alcalde felicita aos graduados en Comercio e nos mestrados en Dirección de Pemes e Comercio Internacional

mércores, 17 xuñ 2026

O alcalde alentou hoxe aos novos graduados en Comercio, Maestrado en Dirección de Pemes e Mestrado en Comercio Internacional da Universidade de Vigo ante o inicio da súa nova etapa vital nos ámbitos laborales e do desenvolvemento profesional. Tras destacar o prestixio da formación recibida, incidiu en que ao longo das súas viaxes atopou profesionais do comercio con importantes cargos directivos. Caballero reseñou o "orgullo" dos pais dos recentemente graduados polo éxito do final da etapa de formación dos seus fillos.

Caballero saúda ás campioas da canteira do Celta Baloncesto, gañadoras da Liga Galega

mércores, 17 xuñ 2026

Abel Caballero felicitou hoxe ás xogadoras dos tres equipos de base do Club Celta de Baloncesto Feminino polas vitorias alcanzadas ao longo desta tempada que as levou a alzarse cos títulos de campioas da Liga Galega nas categorías preinfantil, alevín e benxamín. O rexedor animou ás integrantes do equipo alevín, que este sábado participan no Campionato Español de Minibásket, a conseguir un novo triunfo para o seu palmarés deportivo .