O alcalde traslada o compromiso municipal na xornada “Descarbonización na BIOeconomía azul”

martes, 30 xuñ 2026

Durante a clausura do encontro, organizado por Anfaco-Cytma, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Alianza Q-Cero, da que forma parte Iberdrola e que promove a descarbonización en España, Abel Caballero felicitou á organización e explicou que unha parte importante da enerxía verde que emprega o Concello é verde, como ocorre cos ascensores ou as ramplas mecánicas: "É o noso compromiso co que sucede; compartimos o voso traballo" e avanzou que seguirá apostando pola eficiencia enerxética e o consumo responsable. A xornada contou coa participación do sector empresarial do mar-industria, da acuicultura, da pesca, da loxística portuaria, da refrixeración e da xestión da pegada de carbono. Serviu para debater e analizar os principais retos e oportunidades da descarbonización no ámbito da bioeconomía azul, con atención á sostibilidade, á eficiencia enerxética e á transición cara modelos produtivos máis competitivos e respectuosos coa contorna.

Caballero avoga por un Vigo cada vez máis sostible nunhas xornadas profesionais na Zona Franca

xoves, 25 xuñ 2026

Abel Caballero participou esta mañá na apertura da xornada “Vigo+Sostible” organizada en dependencias da Zona Franca onde relatou os avances que experimentou a cidade nos últimos anos en materia de sostibilidade e medio ambiente. Acompañado por David Regades, delegado do Consorcio e Héctor Prego, presidente da Asociación Española do Automóbil Ecolóxico, o alcalde inaugurou un foro que reuniu a administracións, empresas e axentes do sector para presentar solucións de transición enerxética, innovación ambiental e mobilidade sostible.

O alcalde valora Stonegal como un “gran congreso” para o sector da pedra natural

mércores, 17 xuñ 2026

Abel Caballero participou este mércores na inauguración da II edición de Stonegal, a feira internacional de referencia para o sector da pedra natural que reúne desde hoxe e ata o venres no IFEVI a 150 expositores coa presenza de empresas, profesionais e representantes nacionais e internacionais vinculados a toda a cadea de valor. O alcalde puxo en valor a “idea brillante” de organizar un “gran congreso” arredor da pedra, que “representa a forma de entender o que fomos coa modernidade do século XXI”. Así expuxo que “Vigo é a cidade da pedra” desde o momento no que construíu as as súas murallas de pedra, “como forma de vida e defensa” ata agora, na modernidade, cando a pedra segue sendo a protagonista na configuración do espazo urbano. “Humanizamos 700 rúas con pedra, verde e flores e así pisamos un granito excepcional, que enlaza co que somos” e citou como exemplo a Porta do Sol que era de asfalto e hoxe, sen coches, é unha praza con solo de granito recuperada como espazo cultural para a cidadanía.

Abel Caballero visita a montaxe da Feira Internacional Navalia

venres, 15 mai 2026

O rexedor vigués achegouse ata o IFEVI onde o martes comeza a Feira Internacional de Navalia, para amosar o apoio e recoñecemento á organización da cita, que volverá situar a Vigo no centro da actividade naval mundial. Navalia comezou a súa montaxe o luns con máis de 350 traballadores, que levan a cabo a construción dos stands para a décima edición, sobre a que o alcalde afirmou que "segue impresionando porque cada vez é distinta, cada vez é nova e cada vez incorporanse novas firmas". "Isto é a tecnoloxía, é o emprego, é a capacidade de construír, é o naval", destacou Caballero, tras percorrer os catro pavillóns que se preparan para recibir cifras récord de participación e unha destacada presenza de empresas e delegacións extranxeiras. A feira celébrase do 19 ao 21 de maio e contará con 602 stands. O alcalde estivo acompañado por José García Costas, presidente de Navalia, e varios membros del Comité Executivo.