Abel Caballero salienta a importancia da muller na mobilización sindical

mércores, 26 out 2022

O alcalde asistiu este mércores ao XXVI Encontro Sindical de Muller da UXT, celebrado en Vigo, coa participación de máis dun centenar de delegadas e delegados da organización de traballadores. Caballero puxo en valor o papel feminino na mobilización sindical e a prioridade que debe darse ao feminismo para que “ocupe todo o seu espazo” e avogou por “tecer entre todos un proceso de alianza pola igualdade para que Vigo siga sendo un exemplo en cuestións como o avance do feminismo”. Con todo, lamentou que nestes momentos se estean dando pasos atrás nalgunhas comunidades autónomas e gobernos europeos e “non podemos permitir ningún retroceso”.

O goberno de Vigo asigna 1,14 millóns a 80 entidades para contratar a máis de 200 persoas

venres, 17 xuñ 2022

O Concello resolveu a convocatoria dirixida a asociacións sen ánimo de lucro e acordou conceder 1.140.000 euros a entes veciñais, sociais, empresariais e deportivos, entre outros, para facer fronte á contratación de 206 profesionais. O goberno vigués tamén concedeu subvencións a O Marisquiño, o Banco de Alimentos e a programas de cooperación internacional.

Concello e Deputación apoian o Vigo SeaFest con 155.000 euros

venres, 3 xuñ 2022

Ambas institucións asinaron o convenio de colaboración para o apoio da promoción da produción pesqueira local, a súa importancia social e económica co obxectivo de potenciar o emprego nas empresas pesqueiras. A Xunta de Goberno aprobou 48.000 euros para promover a agricultura ecolóxica e 200.000 euros para intervención sociosanitaria a persoas drogodependentes.