venres, 17 xuñ 2022
O Concello resolveu a convocatoria dirixida a asociacións sen ánimo de lucro e acordou conceder 1.140.000 euros a entes veciñais, sociais, empresariais e deportivos, entre outros, para facer fronte á contratación de 206 profesionais. O goberno vigués tamén concedeu subvencións a O Marisquiño, o Banco de Alimentos e a programas de cooperación internacional.
venres, 3 xuñ 2022
O orzamento medra máis de 100.000 euros con respecto ao ano anterior. As axudas, para empresas constituídas entre abril de 2021 e o 31 de marzo de 2022, poden solicitarse ata o 5 de agosto.
venres, 3 xuñ 2022
Ambas institucións asinaron o convenio de colaboración para o apoio da promoción da produción pesqueira local, a súa importancia social e económica co obxectivo de potenciar o emprego nas empresas pesqueiras. A Xunta de Goberno aprobou 48.000 euros para promover a agricultura ecolóxica e 200.000 euros para intervención sociosanitaria a persoas drogodependentes.
venres, 27 mai 2022
O Concello adica 164.000 euros anuais a prestar un servizo de atención a domicilio a menores de 12 anos, para favorecer a formación e o emprego das nais en situación de dificultade socioeconómica. Por outra banda, o alcalde informou da aprobación dun convenio con CC.OO. por valor de 36.000 euros.
mércores, 25 mai 2022
O alcalde e o edil de Emprego achegáronse este mércores ata Valladares, onde ten lugar a formación en cociña e restaurante do Vigo Capacita VII. O alumnado ofreceu un "brunch" saudable a vinte cinco usuarios e usuarias da Fundación ONCE.
mércores, 25 mai 2022
O alcalde saudou esta mañá aos asistentes á sesión técnica organizada en Navalia para falar da transformación dixital como unha ferramenta para optimizar a eficiencia dos buques. Organizada conxuntamente pola Asociación de Enxeñeiros Navais e o Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, a mesa redonda estaba dirixida a armadores, estaleiros ou fabricantes de equipos. Caballero comezou a súa intervención enfatizando a importancia da celebración de Navalia este ano porque “é unha explosión de optimismo para o sector”. Logo de reiterar que Vigo conta coa industria naval privada máis importante de España, destacou os “vigorosos” procesos de reindustralización que están a producirse neste territorio, referíndose, entre outros apoios, a demanda municipal dun PERTE para o naval.
venres, 20 mai 2022
O Auditorio Mar de Vigo acolleu este venres o II Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación organizado por Asime coa participación de entidades, institucións e empresas abordando as estratexias da industria para a mobilización dos fondos europeos. No encontro, que contou coa intervención telemática da vicepresidenta primeira e ministra de Economía, Nadia Calviño, Abel Caballero eloxiou a capacidade demostrada por Asime no sector e avanzou que o Goberno de España traballa na inclusión de Stellantis nos proxectos da industria do automóbil. Amais, destacou a importancia da “cooperación total” para desenvolver os proxectos de dixitalización, dos Pertes, das accións nos sectores produtivos que se enmarcan nos fondos de recuperación.
martes, 10 mai 2022
O alcalde avanzou que a Vigo Film Office participará mañá mércores no Shooting In Spain Focus on USA, evento organizado por la Spain Film Commission e o ICEX. Sevilla reunirá ás principais produtoras de cine de Estados Unidos ante as que Vigo terá a oportunidade de expoñer as súas posibilidades como plató de cine.
venres, 29 abr 2022
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao Museo do Mar para participar no peche das I Xornadas de Innovación Tecnolóxica do Sector da Industria Naval, organizadas pola Fundación SOERMAR, que este ano celebra o seu 20 aniversario. Durante o acto, no que eloxiou o labor do sector naval vigués e reiterou a seu peso económico, Caballero tivo a oportunidade de impoñer unha medalla condecorativa a Jesús Freire Pichín, recoñecendo a súa gran traxectoria profesional na industria naval.
mércores, 27 abr 2022
Abel Caballero participou esta mañá na entrega de premios dun concurso de monólogos organizado polo alumnado do CIFP Manuel Antonio. Durante a gala, ademais de felicitar aos estudantes pola iniciativa, louvou o “extraordinario” labor docente e formativa deste centro educativo.