O Concello facilita axudas para organizar eventos que xeren emprego para a mocidade
Abel Caballero anunciou este xoves a aprobación por parte do goberno local das axudas para financiar a celebración de congresos, seminarios e eventos dirixidos a fomentar e facilitar o emprego dos mozos.

“Queremos establecer comunicación directa entre os empresarios e os mozos, para facilitar o emprego, especialmente dos recentemente titulados”, asegurou o alcalde.
A axudas para realizar congresos, seminarios, xornadas e distintos eventos, enmárcase na política do Concello de Vigo de facilitar o emprego poñendo en contacto directo á mocidade solicitante de traballo co empresariado, segundo descacou o rexedor.